Allariz conmemora o 140 aniversario do nacemento de Vicente Risco

O 1 de outubro de 2024 cúmprense 140 anos do nacemento do escritor, político e ensayista ourensán, Vicente Risco. Con este motivo, o Concello de Allariz adiántase para render homenaxe á súa figura, cunha serie de actividades durante a xornada deste sábado, 21 de setembro, que teñen como obxectivo lembrar á figura deste intelectual galego.
Os actos comezarán cun roteiro dramatizado pola vila Allariz que partirá da Fonte da Barreira, e rematará coa celebración do Rock&Risco no Roi Xordo, onde haberá un concerto de Radio Océano e Xurxo Souto, coa poesía de Vicente Risco de fondo.
Ademais, a Fundación Vicente Risco celebrará o acto central para render homenaxe a este intelectual, autor de obras como 'O lobo da xente' ou 'Teoría do nacionalismo galego', considerado o texto fundacional do nacionalismo galego.