Allariz conmemorará o 25 aniversario do Ecoespazo do Rexo

OurenseXa
Terá lugar o 27 de xullo e levaranse a cabo unha serie de actividades especiais nas que convidan a participar a todo o mundo
autoridades de allariz no 25 aniversario do ecoespazo
Autoridades de Allariz no Ecoespazo do Rexo
21 Xul 2024

O vindeiro sábado 27 de Xullo, Allariz vístese de gala para celebrar o 25 aniversario do Ecoespazo do Rexo, unha emblemática obra do recoñecido artista Agustín Ibarrola, falecido o ano pasado e que se inaugurou nunha noite máxica de San Xoán do 1999.

Con motivo desta conmemoración, o Concello prepara unha serie de actividades especiais nas que convidan a participar a veciños e visitantes para redescubrir este espazo único e celebrar todos xuntos o seu legado artístico e ambiental.

A alcaldesa de Allariz Cristina Cid, acompañada do Concelleiro de Cultura a Concelleira de Turismo e o Xerente dá Fundación Ramón González Ferreiro, Ánxel Ferreiro e o Xerente do Rexo, Anxo Quintana daban conta dás actividades programadas para ese día

O programa dará comezo ás 19 e 19.45 horas cunha serie de visitas teatralizadas con sorpresa Coñecemos o ecoespazo, onde os asistentes poderán gozar dunha pequena visita ao ecoespazo, cunha perspectiva dinámica que resaltará a historia, significado e a visión de Agustín Ibarrola.
Ás 20.30 horas presentarase unha pequena exposición dedicada ao ecoespazo, a súa creación e evolución ao longo destes 25 anos.

A xornada culminará cunha cea moi especial, con menú de proximidade co queixo, cordeiro do Rexo e produtos da Reserva da Biosfera coma protagonistas, amenizada con música en vivo e creando un ambiente festivo e acolledor para todos.

Será esta unha oportunidade para compartir recordos e gozar dunha contorna natural incomparable.

Para facilitar a asistencia a todos os interesados, haberá un servizo de autobuses a disposición dende a estación de bus de Allariz ata o ecoespazo.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, resalta que "esta celebración non só conmemora un cuarto de século do Ecoespazo do Rexo, senón que tamén suliña a importancia da conservación do contorna e o valor da arte, exercendo de recurso e xerando actividade para todo a comarca". Remataba a súa intervención convidando a todos participar nas actividades e ser parte desta data tan significativa.

 

0.18787908554077