Allariz coverterase nun escenario ao aire libre coa celebración da Semana Santa ao Vivo

OurenseXa
Artistas como Amorodous, Arroxó, Erik Lepeich, Os Dous Porquinhos, SoLaSol, Denis Carballás e Noite Son encharán a vila de música do 2 ao 5 de abril
semana-santa-ao-vivo-allariz
2 Apr 2026

O Centro Histórico volverá a converterse nun escenario aberto no que a veciñanza e visitantes poderán desfrutar de actuacións musicais e propostas culturais para todos os públicos coa celebración da ‘Semana Santa ao Vivo’.

A música será protagonista coa iniciativa “Música nas rúas”, que se desenvolverá do 2 ao 5 de abril en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas, coa participación de artistas como Amorodous, Arroxó, Erik Lepeich, Os Dous Porquinhos, SoLaSol, Denis Carballás e Noite Son.

O venres 3 de abril celebrarase o Mercado da Biosfera na Praza do Matadoiro, de 10:00 a 14:00 horas, e pola tarde terá lugar o contacontos “Sinfonía de contos” ás 17:30 horas na Praza de Abaixo.

O sábado 4 repetirá o Mercado da Biosfera no mesmo horario matinal e acollerá unha función de teatro a cargo de Ghazafelhos ás 17:00 horas, tamén na Praza de Abaixo.

O domingo 5 pecharase a programación con novos acordes musicais nas prazas do casco histórico e con roteiros arqueolóxicos pola zona de Armea, completando así unha oferta cultural que busca dinamizar o municipio durante a Semana Santa.

0.12082195281982