Allariz convoca unha reunión de voluntariado para vixilancia de montes ante a vaga de lumes

OurenseXa
Será este mércores ás 20.00 horas no Fogar dos Maiores
incendio-san-cibrao-das-viñas
20 Aug 2025

O Concello de Allariz fai un chamamento á cidadanía a participar nunha reunión de voluntariado para vixilancia de montes tras recibir, explican, numerosas mensaxes e solicitudes de colaboración ante a difícil situación provocada pola vaga de incendios.

Este mércores, ás 20:00 horas, terá lugar no Fogar do Maior unha reunión aberta para organizar un grupo de voluntariado co obxectivo de vixiar os montes e previr novos focos de lume.

Desde o Concello destacan que a participación da veciñanza é fundamental neste momento e agradecen de antemán a solidariedade e o compromiso de todas as persoas que queiran colaborar.

⚙ Configurar cookies
0.17895698547363