Allariz dará voz á realidade das mulleres palestinas nun encontro aberto ao público

OurenseXa
A cita contará coa participación de Hanan Kaoud, concelleira de Ramala
encontro-mulleres-palestina-allariz
5 Nov 2025

O vindeiro luns 10 de novembro, ás 19:30 horas, o Fogar dos Maiores de Allariz acollerá o encontro “A voz resiliente das mulleres palestinas”, unha actividade que contará coa participación de Hanan Kaoud, concelleira de Ramala. A entrada será libre ata completar aforo.

Durante o acto, o público poderá coñecer de primeira man a realidade que viven as mulleres palestinas, o seu papel nos procesos de resistencia e a súa contribución á construción da paz.

A iniciativa está organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o Concello de Allariz, no marco dunha visita a varios municipios galegos para promover a solidariedade co pobo palestino.

⚙ Configurar cookies
0.074991941452026