Allariz despide os roteiros temáticos de 2025 cunha actividade dedicada románico

OurenseXa
Será este sábado, 20 de decembro, e haberá que inscribirse previamente
Imaxe de Allariz
18 Dec 2025

O Concello de Allariz organiza o derradeiro roteiro temático deste 2025, unha actividade pensada para achegar a veciñanza e as persoas visitantes á historia e ao patrimonio artístico da vila.

A cita terá lugar o vindeiro 20 de decembro, ás 17.00 horas, cun percorrido centrado no románico, que permitirá descubrir diferentes espazos e elementos singulares a través das rúas de Allariz. A saída será dende a Oficina de Información Turística.

Este paseo guiado propón un percorrido cultural para pechar o ano coñecendo a evolución histórica da localidade e o valor da súa arte, nunha iniciativa que combina divulgación, turismo e lecer.

A participación require inscrición previa obrigatoria, que pode formalizarse a través do teléfono 604 749 576 ou do correo electrónico turismo@xeitura.com. O prezo da actividade é de 3 euros para as persoas sen tarxeta cidadá e de 2 euros para quen dispoña dela.

⚙ Configurar cookies
0.090510845184326