Allariz encherase de ciclistas este domingo coa III BTT Allariz

OurenseXa
O percorrido sairá dende a Alameda ata o Campo da Vilanova
presentacion-iii-btt-allariz
27 Sep 2025

Os clubs Asocial e CC Allariz, en colaboración co Concello, organizan este domingo, 28 de setembro a III BTT Allariz, unha cita que volverá a encher a vila de ciclistas nunha marcha non competitiva pensada para desfrutar da bicicleta e da contorna natural.

O percorrido da proba estará adaptado a diferentes niveis. Así haberá unha ruta máis accesible, de 23 quilómetros, e outra máis longa e esixente, de 45 quilómetros, ambas sinalizadas e con puntos de avituallamento.

A saída da proba será ás 9.00 horas dende a Alameda, ao carón do Boi de Pedra, e a meta estará situada no Campo da Vilanova.

O concelleiro de Deportes de Allariz Casrlos Puga subliña que esta cita é “unha oportunidade para fomentar a actividade física e os hábitos de vida saudables, ao tempo que poñemos en valor o noso territorio a través da práctica deportiva”. Engadiu ademais que a BTT “convirte cada ano Allariz nunha festa para os amantes da bicicleta, un día para compartir entre amigos e familias a paixón polas dúas rodas”.

⚙ Configurar cookies
0.098352909088135