Allariz entregou os premios das Xornadas de Carne de Boi 2025

OurenseXa
As xornadas tiveron lugar do 26 de setembro ao 12 de outubro e nesta edición participaron 21 establecementos locais
presentacion-xornadas-carne-de-boi-allariz
20 Oct 2025

Allariz puxo fin ás Xornadas de Carne de Boi 2025 coa tradicional entrega de premios, que pechou unha edición consolidada como cita gastronómica destacada do outono na localidade.

No sorteo de participación, repartíronse un total de 450 euros, distribuídos en un premio de 250 euros e tres vales de 60 euros. En canto aos establecementos participantes, os gañadores da Tapa de Boi foron Bule Bule, Pastelería Moli e Fio de Liño.

As xornadas tiveron lugar do 26 de setembro ao 12 de outubro, e nesta edición participaron 21 establecementos locais, que ofrecéron unha ampla variedade de propostas culinarias, todas elas centradas na carne de boi de Allariz, criada na finca de Valverde, propiedade de Okelan.

A cita volveu poñer en valor a gastronomía local e consolidar a tradición da carne de boi de Allariz como un dos produtos estrela da hostalería e a restauración da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.076355934143066