Allariz festexará o San Bieito do 11 ao 14 de xullo
OurenseXa
Teatro, música e actividades para os máis pequenos encherán as rúas de Allariz durante os festexos
29 Jun 2024
O Concello de Allariz vén de presentar as actividades programadas para as Festas de San Bieito 2024. Os actos, organizados dende a área de cultura do Concello de Allariz, comezarán o xoves 11 de xullo e prolongaranse ata o domingo 14 de xullo.
Preto de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz neste 2024.
Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas de Allariz. A Festa deste 2024 rematará, como xa é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00 horas dende o Campo de Vilanova. Así mesmo dende o 2 ao 14 de xullo comezarán os actos relixiosos na honra de San Bieito.
Xoves, 11 de xullo
- 20.15 horas. Concerto do Coro Universitario Schola Cantorum
Venres, 12 de xullo
- 20.30 horas. Función ‘De Vilatriste a Vilalegre’ da compañía Teatro ó Cubo, na Alameda
- 23.00 horas. Discomóvil Euphoria Disco Sow na Barreira
Sábado, 13 de xullo
- 11.30 horas. Desfile de Xigantes e Cabezudos acompañados da Agrupación De Pé Feito, desde a Casa da Cultura
- 20.30 horas. Conncierto da Banda Unión Musical de Allariz na Alameda
- 21.30 horas. Baile co grupo Arizona na Barreira
- 00.00 horas. Verbena co grupo Arizona na Barreira
Domingo, 14 de xullo
- 10.00 horas. Pasarrúas coa Banda Unión Musical de Allariz
- 11.00 horas. Procesión do Patrón da Vila acompañada dos Xigantes e Cabezudos e agrupacións musicais
- 12.30 horas. Actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaria na Praza do Matadoiro
- 13.30 horas. Actuación da Banda Unión Musical de Allariz na Barreira
- 21.00 horas. Baile coa orquestra Trebol na Barreira
- 00.00 horas. Espectáculo de Pirotecnia a cargo de Josman no Campo de Vilanova