Allariz homenaxeará ás lavandeiras de San Simón cun roteiro teatral

OurenseXa
A iniciativa está organizada pola Veciñanza de Allariz, coa colaboración do Concello de Allariz e a Fundación Vicente Risco e terá lugar o próximo xoves
roteiro-lavandeiras
17 Aug 2025

O próximo 21 de agosto, Allariz acollerá o roteiro teatral “As Lavandeiras de San Simón”, unha actividade que combina teatro de rúa e historia. A saída será ás 22:30 horas desde Santo Estevo.

Durante o percorrido, os participantes coñecerán a historia de Peregrina López Ochoa, coñecida como “Gina a Baldiña”, unha das mulleres solidarias que marcaron a memoria da illa de San Simón.

A iniciativa está organizada pola Veciñanza de Allariz, coa colaboración do Concello de Allariz e a Fundación Vicente Risco, e promete ofrecer unha experiencia cultural diferente que poñerá en valor a historia das mulleres valentes da zona.

⚙ Configurar cookies
0.17744898796082