Allariz mellora a accesibilidade na Travesía Alfredo Nan

OurenseXa
As actuacións de humanización incluíron a renovación completa do pavimento da rúa, coa eliminación do desnivel existente, o soterramento das instalacións aéreas e a creación de espazos verdes
Tino Feijoo, Cristina Cid y Javier Diaz en la Travesía Río Nan
Tino Feijoo, Cristina Cid e Javier Diaz na Travesía Río Nan
27 Mar 2025

O Concello de Allariz levou a cabo no último trimestre de 2024 unha serie de actuacións de humanización na Travesía Alfreda Nan, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a integración urbana da zona acometidas no último trimestre de 2024. O proxecto, orientado a crear un espazo máis funcional e sostible, incluíu melloras fundamentais na infraestrutura e no entorno, achegando un maior benestar á veciñanza.

Unha das intervencións clave foi a renovación completa do pavimento da rúa, coa eliminación do desnivel existente entre a beirarrúa e a calzada. A nova plataforma, construída cunha soleira armada de formigón, garante unha superficie uniforme e segura. Ademais, a delimitación do espazo peonil e do tráfico rodado realizouse mediante un sistema de formigón e pequenos postes de polietileno, mellorando a seguridade e a fluidez do tránsito.

Levouse a cabo o soterramento das instalacións aéreas, unha medida que eliminará os postes de formigón e mellorará a estética da zona. Esta acción, que está pendente de finalizar coa retirada dos postes por parte da empresa responsable do subministro, Naturgy, contribúe a unha maior orde no espazo público. Ademais, instalouse un novo sistema de iluminación pública composto por báculos de 5 metros de altura, o que incrementa a seguridade e mellora a visibilidade nocturna na área.

A humanización da Travesía Alfredo Nan inclúe, ademais, a creación de espazos verdes. Na entrada da rúa, deseñouse unha zona verde con mobiliario urbano, proporcionando un espazo acolledor e de lecer para a cidadanía. A plantación de árbores en puntos estratéxicos tamén mellorará a calidade ambiental, favorecendo un entorno máis saudable e agradable. Ca chegada do bo tempo, nos vindeiros días, procederase a colocación da planta nos distintos espazos destinados para así realizar pola marxe esquerda unha banda vexetal que limitará o espazo co oeste.

Unha das melloras máis destacadas foi a reordenación dos contedores do lixo, creando un espazo organizado e eficiente para a xestión de residuos urbanos. O proxecto tamén implicou a ampliación da rede de sumidoiros, que agora conta cun novo tramo de 50 metros de tubaxe de PVC, mellorando a evacuación das augas pluviais e garantindo un drenaxe adecuado en episodios de choiva intensa.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Urbanismo, Javier Díaz, visitaron a zona co responsable da Oficina de Urbanismo Tino Feijoo e destacaron a importancia destas actuacións para mellorar a calidade de vida da veciñanza e fomentar un modelo de urbanismo máis accesible, sostible e integrador.

Este proxecto foi cofinanciado polo Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación Provincial de Ourense dentro do exercicio 2024.

⚙ Configurar cookies
0.13011598587036