Allariz ofrece autocares gratuítos para os gandeiros que queiran acudir á manifestación de Madrid

OurenseXa
As persoas interesadas poden solicitar a súa praza ata ás 19:00 horas desta tarde
tractores_Ourense_A_Gudiña
9 Feb 2026

O Concello de Allariz amosou o seu respaldo ás reivindicacións do sector gandeiro e agrícola, destacando o papel esencial que labregas, labregos, gandeiras e gandeiros desempeñan na economía e na identidade do rural galego.

Neste marco, está prevista unha manifestación en apoio ao sector primario que terá lugar en Madrid o mércores 11 de febreiro de 2026. Co obxectivo de facilitar a participación da veciñanza, o Concello porá á disposición das persoas interesadas autocares gratuítos para o desprazamento.

As inscricións poderán realizarse directamente no Concello de Allariz, chamando ao teléfono 609 529 872, ou a través da Asociación do Sector Primario de Galicia. O prazo para anotarse remata este luns 9 de febreiro ás 19:00 horas.

Desde o Concello subliñan a importancia de apoiar un sector clave para o territorio e insístese na necesidade de garantir un futuro digno para o rural.

⚙ Configurar cookies
0.081866025924683