Allariz ofrecerá cursos capacitación dixital durante frebreiro e marzo

OurenseXa
A iniciativa enmárcase dentro do Programa Reto Dixital e desenvolverase na Casa da Mocidade
mobil-ordenador-tecnoloxia
25 Jan 2026

O Concello de Allariz ofrecerá durante os meses de febreiro e marzo varios cursos gratuítos de capacitación dixital, no marco do Programa Reto Dixital, unha iniciativa financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea, destinada a mellorar as competencias dixitais nas zonas rurais.

As actividades impartiranse na Casa da Mocidade de Allariz, en horario de 18:00 a 20:30 horas. O primeiro curso, titulado "O meu Móbil, Fiestra ao mundo dixital", celebrarase os días 2, 3 e 4 de febreiro, seguido de "Seguridade e Benestar Dixital de Menores" os días 9, 10 e 11 do mesmo mes. A finais de febreiro, os días 23, 24 e 25, terá lugar o curso "Dominio da IA para multiplicar o teu contido". Finalmente, nos primeiros días de marzo, do 2 ao 4, impartirase "Autonomía Dixital: primeiros pasos en trámites en liña".

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo electrónico participa@allariz.gal ou chamando ao teléfono 988 442 210.

⚙ Configurar cookies
0.082340002059937