Allariz organiza dous novos Obradoiros de Saúde para este mes de marzo
OurenseXa
Os obradoiros terán lugar os luns 11 e 25 de marzo
Obradoiros de Saúde, Concello de Allariz
10 Mar 2024
Allariz continúa cos Obradoiros de Saúde do mes de marzo, organizados polo Centro de Saúde.
O luns 11 de marzo ás 12.30 horas terá lugar a xornada "Ler e interpretar as etiquetas dos alimentos", cunha charla informativa impartida pola nutricionista Ana López.
Pola súa banda, o luns 25 de marzo, ás 12.30 horas, terá lugar o obrador "Coidados da pel, prevención de úlceras e caídas", impartido por Celia Rodríguez (DUE C.S Allariz), Cristina Rodríguez (ESAD Allariz) e Ana López (nutricionista).
Ambos obradoiros serán impartidos no Centro de Saúde de Allariz.