Allariz organiza un novo roteiro temático este próximo sábado
OurenseXa
As persoas participantes poderán coñecer de cerca a historia dos muíños da vila

13 Oct 2025
O Concello de Allariz organiza un roteiro temático que terá lugar o sábado 18 de outubro, ás 17:00 horas. A actividade combina historia, natureza e algunha sorpresa, permitindo descubrir os muíños e as curtidurías dun xeito diferente, paseando, aprendendo e gozando.
O punto de saída será a Oficina de Información Turística e o prezo da participación será de 3 euros, cun desconto de 2 euros para titulares da tarxeta cidadá. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico turismo@xeitura.com ou no teléfono 608 694 796.