Allariz organiza un novo Roteiro Temático sobre a historia e a arquitectura da vila

O Concello de Allariz organiza este sábado un novo Roteiro Temático dentro da programación cultural de 2025. A actividade terá lugar ás 20:00 horas, con saída desde a Oficina de Información Turística.
O percorrido permitirá aos participantes descubrir a historia, a arquitectura e os recunchos máis emblemáticos da vila. A inscrición previa é obrigatoria e pódese realizar a través do correo electrónico turismo@xeitura.com ou chamando ao 609 474 976.
O prezo de participación é de 2 euros para quen dispoña de Tarxeta Cidadá e de 3 euros para o resto.