Allariz organiza un obradoiro de música, contos e danza dirixido a familias con nenos

OurenseXa
Será o próximo 22 de novembro no Fogar dos Maiores e require inscrición previa
taller-musica-danza-allariz
16 Nov 2025

O Concello de Allariz programou para o sábado 22 de novembro un obradoiro dirixido a familias con nenos e nenas entre 2 e 6 anos, co obxectivo de fomentar a creatividade e a conexión familiar a través da música, a danza e a narración de contos.

A actividade terá lugar no segundo andar do Fogar dos Maiores e desenvolverase en dúas sesións, de 11:00 a 12:00 e de 12:00 a 13:00 horas. A participación é de balde, aínda que as prazas son limitadas e require inscrición previa a través dos teléfonos 988 554 059 ou 683 614 691.

⚙ Configurar cookies
0.078297853469849