Allariz organiza un obradoiro sobre benestar e equidade no Fogar dos Maiores

O Concello de Allariz organiza este mércores, 11 de marzo, unha actividade aberta á veciñanza centrada no benestar e na equidade. Trátase do obradoiro “Tecer comúns”, un espazo de encontro pensado para reflexionar e compartir arredor destas cuestións.
A iniciativa desenvolverase ás 17.00 horas no Fogar dos Maiores e estará impartida por Outonía. Desde o Concello convidan á cidadanía a participar neste encontro, que busca crear un ambiente de diálogo e intercambio para avanzar cara a unha maior equidade e benestar colectivo