Allariz organiza unha nova edición da carreira A Derradeira

OurenseXa
Para participar é obrigatorio inscribirse antes do 30 de decembro
a-derradeira-allariz
7 Dec 2025

O Concello de Allariz abriu o prazo de inscrición para a carreira máis especial do ano, “A Derradeira 2025”, que se celebrará o próximo 31 de decembro.

A competición contará con dúas categorías, unha infantil que sairá ás 16:00 horas e outra adulta, con saída ás 16:30 horas. Para participar é obrigatorio inscribirse antes do 30 de decembro.

As inscricións poden realizarse na Piscina Municipal, chamando ao 988 442 083 ou enviando un correo a piscina@allariz.gal
.

Ademais, para poder correr, cada participante deberá entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que se recollerán o día da carreira e destinaranse a Cáritas Allariz.

⚙ Configurar cookies
0.077662944793701