Allariz organiza unha visita para maiores ao Museo Galego do Xoguete

O Concello de Allariz celebra mañá martes, 15 de xullo, unha nova actividade dentro do programa ‘Maiores’. A proposta consiste nunha visita guiada ao Museo Galego do Xoguete que incluirá un faladoiro participativo para compartir lembranzas e anécdotas relacionadas cos xoguetes de diferentes épocas.
A actividade dará comezo ás 10:30 horas e está pensada para fomentar a participación e o intercambio de vivencias entre os asistentes. As persoas interesadas poden inscribirse de forma presencial no Fogar dos Maiores, chamando ao 988 554 059 ou enviando un correo a fogardosmaiores@allariz.gal.