Allariz prepárase para a Festa da Empanada 2024
OurenseXa
Allariz quenta os motores para acoller unha nova edición da Festa da Empanada, que arranca este venres 16 de agosto
14 Aug 2024
Allariz prepárase para unha nova edición da "Festa da Empanada", que terá lugar do 16 ao 18 de agosto de 2024. Para este evento, o Concello de Allariz ten preparada unha programación variada e entretida para todos os públicos.
Programación completa da Festa da Empanada:
Venres, 16 de agosto
- 23:00 horas: Xornadas de Folclore na Barreira.
Sábado, 17 de agosto
- 18:00 horas: Tríatlon Vila de Allariz na Alameda, unha oportunidade para os amantes do deporte.
- 21:00 horas: Xornada Gastronómica con degustación da empanada de Allariz, nos Xardíns do Museo do Coiro.
- 22:30 horas: Concerto de Brinkadelia Troupe nos Xardíns do Museo do Coiro.
- 00:00 horas: Discomóbil Apocalipsis, coa sesión do DJ Castro, tamén nos Xardíns do Museo do Coiro.
Domingo, 18 de agosto
- 11:00 horas: Pasarrúas coa Banda Unión Musical de Allariz.
- 11:00 horas: Regata Provincial de Piragüismo no embarcadoiro da Alameda.
- 12:00 horas: Desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañado polo grupo de gaitas De Pé Feito, dende a Praza de Abastos ata o Campo de Vilanova.
- 13:00 horas: Concerto no Campo de Vilanova da Banda Unión Musical de Allariz.
- 18:30 horas: Presentación do equipo C.D. Allariz, que xogará contra o Sporting Celanova C.F.
- 19:30 horas: Concerto de De Ninghures no Campo de Vilanova.
- 21:00 horas: Baile Popular co Grupo Tattoo nos Xardíns do Museo do Coiro.
- 00:00 horas: Verbena amenizada pola mesma orquestra nos Xardíns do Museo do Coiro.