Allariz prepárase para dar inicio ao Entroido coa celebración do Xoves de Compadres

O Entroido de Allariz comezará oficialmente o Entroido este xoves 5 de febreiro, coa celebración do Día de Compadres. Os festexos comezarán ás 20:30 horas no campo da Barreira coa saída do pasarrúas a cargo dos Gaiteiros de Pé Feito, que percorrerán a vila até as 22:30 horas.
O programa continuará xa próxima semana co Xoves de Comadres con outro pasarrúas protagonizado pola charanga Achicoria. O venres, 13 de febreiro, terá lugar o Entroido na Rúa, que inclúe un pasarrúas con Os Encerellados e unha verbena na Praza Maior.
Durante o domingo 15 está previsto un pasarrúas coa charanga Alambique, mentres que o luns 16 estará dedicado á rapazada con unha festa infantil e a tradicional Cachuchada organizada pola Asociación Cultural Xan de Arzúa, seguida dun pasarrúas nocturno.
O martes 17 celebrarase o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas, que contará con premios para as mellores propostas en orixinalidade, elaboración e escenificación. A programación pecharase o mércores 18 coa tradicional Queima do Meco tras o Pranto de Entroido, que partirá da Praza Maior ata o Campo dos Brancos.
PROGRAMA COMPLETO DO ENTROIDO DE ALLARIZ