Allariz programa unha sesión de 'música, contos e danza' para crianzas de 2 a 6 anos
OurenseXa
A actividade, a cargo de Getsemaní Valenzuela, celebrarase o sábado 17 de xaneiro no Fogar dos Maiores con dous pases: 11.00-12.00 e 12.00-13.00 horas

8 Jan 2026
O Concello de Allariz organiza para o sábado 17 de xaneiro unha proposta creativa dirixida a nenas e nenos de 2 a 6 anos baixo o título 'Música, contos e danza', unha sesión que combinará movemento, expresión e xogo.
A actividade estará guiada por Getsemaní Valenzuela e contará con dous horarios para facilitar a participación das familias: de 11.00 a 12.00 e de 12.00 a 13.00 horas. A cita desenvolverase no 2º andar do Fogar dos Maiores.
As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 988 55 40 59 e 638 61 46 91.