Allariz promove a economía circular mediante o Programa RE
Nun esforzo conxunto por promover prácticas sostibles e fomentar a xestión responsable dos residuos, a área de Medio Ambiente do Concello de Allariz, en colaboración con Sogama, anunciou a distribución de 50 novos composteiros de 300 litros entre as persoas residentes da localidade, como parte do Programa RE impulsado dende o concello.
Estes composteiros, cunha capacidade óptima para facilitar a descomposición dos residuos orgánicos, entréganse como parte da iniciativa integral para reducir a pegada ambiental e promover a economía circular na comunidade.
O compostaxe doméstico non só contribúe á redución dos residuos enviados a vertedoiros, senón que tamén xera un valioso recurso en forma de compost orgánico, que pode utilizarse para fertilizar solos e promover a saúde de xardíns e cultivos locais.
O composteiro, débese situar nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.
Dende o Concello de Allariz , instase aos beneficiarios destes composteiros a aproveitar ao máximo esta oportunidade e participar activamente no proceso de compostaxe, contribuíndo así á construción dun entorno máis limpo, saudable e sostible para as xeracións futuras.
Para participar no programa e solicitar un destes composteiros, as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a medioambiente@allariz.gal. Ademais, é necesario contar cunha parcela no Concello de Allariz na que colocar o composteiro para poder acceder a un.