Allariz puxo fin ás Semanas das Maiores 2025 cun obradoiro sobre as lembranzas

OurenseXa
Andainas, xantares de convivencia, talleres, unha viaxe cultural e a estrea dun documental foron algunhas das actividades levadas a cabo este ano
semana-das-maiores-de-allariz
25 Oct 2025

Allariz deu por concluídas as Semanas das Maiores 2025 coa realización do obradoiro “Lembrar, volver a pasar polo corazón”, impartido por Getse Valenzuela, un encontro centrado en compartir historias, lembranzas e emocións entre os participantes, que tivo lugar esta semana.

Durante este outubro, como cada ano, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores o día 1, Allariz desenvolveu diversas actividades destinadas a fomentar o envellecemento activo, entre elas andainas, xantares de convivencia, talleres, unha viaxe cultural e a estrea dun documental. Todas estas propostas procuraron implicar á veciñanza, reforzar os lazos comunitarios e poñer en valor a participación das persoas maiores como protagonistas da vida local.

⚙ Configurar cookies
0.079797983169556