Allariz recibe os Reis Magos o luns 5 cunha cabalgata desde a Alameda ata o pavillón do IES

As súas Maxestades de Oriente visitarán Allariz este luns 5 de xaneiro, nunha tarde marcada pola ilusión da cativada e polo peche das celebracións de Nadal na vila. A cabalgata partirá da Alameda e avanzará polas rúas ata o pavillón do IES de Allariz, con saída prevista ás 18.30 h.
Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán ás nenas e nenos e tamén ás familias que se acheguen a velos, nun encontro pensado para manter viva a tradición e despedir o Nadal no municipio.
A visita dos Reis intégrase na programación de 'Un Nadal diferente en Allariz', que nas últimas semanas combinou propostas culturais e de lecer, como o Nadal Parc no pavillón do IES e espectáculos na Casa da Cultura.