Allariz súmase este domingo á XVIII Limpeza Simultánea de Ríos

OurenseXa
A cita terá lugar ás 11:00 horas na Alameda, e está aberta a toda a veciñanza
allariz-limpeza-rios
20 Sep 2025

Este domingo, 21 de setembro, Allariz acollerá a XVIII edición da xornada “Móllate polos ríos”, unha iniciativa que busca concienciar á poboación sobre a importancia de coidar o medio ambiente e manter limpos os nosos ríos.

A cita terá lugar ás 11:00 horas na Alameda, e está aberta a toda a veciñanza interesada en colaborar. Os organizadores lembran a importancia de levar roupa axeitada para traballar na natureza e participar activamente nas tarefas de limpeza.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando aos números 627 556 167 ou 687 418 518. A actividade pretende non só limpar os ríos, senón tamén fomentar o respecto pola contorna e a participación cidadá en iniciativas ambientais.

⚙ Configurar cookies
0.09834098815918