Amoeiro abre as inscricións para a IV Andaina Popular 2025

OurenseXa
Será o vindeiro 21 de decembro e o prazo para anotarse está aberto ata o día 18
andaina-amoeiro
14 Dec 2025

O Concello de Amoeiro organiza unha nova edición da Andaina Popular, que terá lugar o 21 de decembro de 2025. A actividade, de carácter non competitivo, percorrerá distintos paraxes do municipio co obxectivo de poñer en valor a súa riqueza cultural e paisaxística.

A proba ofrece dúas opcións de percorrido, unha de 14 quilómetros e outra de 20,2. A saída será ás 9:30 horas desde o Campo do Souto, onde tamén se realizará a entrega de dorsais a partir das 8:45.

As inscricións estarán abertas do 4 ao 18 de decembro, tanto de forma telemática —a través da ligazón facilitada polo Concello— como de maneira presencial nas propias dependencias municipais en horario de 10:00 a 13:00. O prezo por participante é de 8 euros.

A cita terá carácter solidario, xa que durante a probra recolleranse alimentos non perecedoiros destinados ao Banco de Alimentos de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.084851980209351