Amoeiro acolle este mércores unha charla sobre prevención de accidentes

Amoeiro acollerá unha charla informativa sobre prevención de accidentes dirixida tanto a peóns como a condutores, co obxectivo de promover a seguridade viaria e reducir riscos nas estradas.
A sesión estará impartida por persoal da Xefatura e da Garda Civil de Tráfico, que ofrecerán recomendacións e consellos prácticos para mellorar os hábitos de circulación e a prevención de accidentes.
A actividade celebrarase este mércores 8 de abril, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Amoeiro. Ademais, todas as persoas asistentes recibirán un chaleco reflectante como medida de concienciación e seguridade.