Amoeiro acollerá este martes unha charla sobre seguridade en internet dirixida a mulleres
OurenseXa
A actividade forma parte do Espazo Feminista para o Empoderamento e enmárcase no programa Exeria

29 Sep 2025
O próximo 30 de setembro de 2025 ás 18:00 horas, a Escola de Parada en Amoeiro acollerá a charla titulada “Confianza e seguridade ao usar internet”, unha actividade aberta á participación de todas as mulleres do municipio.
A iniciativa enmárcase dentro do programa Exeria, promovido polos concellos de Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás, destinado a ofrecer atención e asesoramento a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.