Amoeiro celebra en outubro a III Feira de Antigüidades e Artesanía

O Pavillón de Deportes de Amoeiro acollerá os próximos 18 e 19 de outubro a III Feira de Antigüidades e Artesanía, un evento aberto a todos os públicos con entrada gratuita.
O sábado, a feira poderá visitarse de 17:00 a 21:00 horas, mentres que o domingo abrirá de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
Entre os distintos postos, haberá un punto informativo e solidario da Asociación Protectora de Animais PROGAPE, que permitirá aos asistentes coñecer a labor da entidade e colaborar con ela.
A cita promete ser unha oportunidade para descubrir antigüidades, produtos artesanais e apoiar proxectos locais e solidarios.