Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa colaboran na organización dun torneo de pádel pola igualdade
OurenseXa
A cita, impulsada dende o CIM Mancomunidade de Santa Águeda, terá lugar do 26 ao 28 de setembro

14 Sep 2025
O CIM Mancomunidade de Santa Águeda, coa colaboración dos concellos de Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa, organiza o 1º Torneo Igualdade de Pádel, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de setembro nas canchas dos concellos de Vilamarín e Amoeiro.
A inscrición é gratuíta e as persoas interesadas poden anotarse chamando ao 988 286 184.
O torneo busca fomentar a igualdade e a participación no deporte, promovendo a colaboración entre os diferentes municipios da mancomunidade.