Amoeiro comeza este venres o seu programa de actividades de verán

OurenseXa
Haberá deporte, teatro e cine durante os meses de xullo e agosto
Venres de cine e teatro en Amoeiro
Venres de cine e teatro en Amoeiro
3 Jul 2025

O Concello de Amoeiro dará comezo este xoves, 4 de xullo, ao seu programa de actividades de verán, que combinará propostas de lecer como deporte, teatro e cine ao aire libre.

As sesións desenvolveranse todas no Campo do Souto, con entrada de balde. A programación arrinca o 4 de xullo cunha sesión de zumba ás 20:00 horas. O 11 de xullo será a quenda do teatro, coa obra ‘A illa sen tesouro’, ás 21:00 horas.

O cine tamén terá un papel destacado con varias proxeccións: ‘El maestro que prometió el mar’ (18 de xullo, ás 22:00 h), ‘Padre no hay más que uno 4’ (1 de agosto, ás 22:00 horas), ‘Sala de profesores (22 de agosto, ás 21:30 horas) e Amigos imaginarios (29 de agosto, ás 21:30 horas). O 8 de agosto volverá o teatro con ‘Deus non quere calderilla’, ás 21:00 horas.

Todas as actividades son gratuítas e abertas a toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.19741892814636