Amoeiro converterase nun escenario postapocalíptico o vindeiro 28 de febreiro coa Survival Zombie

OurenseXa
O evento contará cun máximo de 400 prazas e está organizado por WRG, o Concello e Medrando Amoeiro
survival-zombie-amoeiro
29 Jan 2026

A Survival Zombie chega a Amoeiro o próximo 28 de febreiro, unha actividade de lecer inmersivo que se desenvolverá durante seis horas, desde as 22.00 ata as 4.00 da madrugada. A iniciativa conta coa colaboración da asociación Medrando Amoeiro, da empresa WRG e do Concello de Amoeiro.

A proposta transforma o municipio nun gran escenario de xogo no que as persoas participantes deberán sobrevivir a unha invasión zombi a través de distintas probas e retos repartidos polo entorno.

A organización limitou o número de prazas a 400 entradas, polo que recomenda adquirilas con antelación. Os prezos varían en función do perfil de participación. As persoas empadroadas en Amoeiro poderán participar por 19,90 euros, mentres que o prezo xeral para superviventes é de 39,90 euros. Tamén existe a posibilidade de participar como zombi, opción que inclúe maquillaxe, por 24,90 euros, así como unha tarifa reducida de 19,90 euros para menores de 12 anos.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web oficial www.survivalzombie.es e tamén a través da asociación Medrando Amoeiro. Desde a asociación lembran que as persoas non empadroadas que desexen beneficiarse dalgún desconto poden poñerse en contacto directamente coa organización a través do teléfono 699 192 723 ou do correo electrónico medrandoamoeiro@gmail.com
.

⚙ Configurar cookies
0.084190130233765