Amoeiro fixo entrega dos premios do II Concurso Fotográfico do Nadal

OurenseXa
Nesta edición, as gañadoras foron Cintia Piña, María Jesús González e Julia Fernández
premios-nadal-amoeiro
31 Mar 2026

O Concello de Amoeiro fixo entrega dos premios ás fotografías máis votadas do II Concurso Fotográfico do Nadal, unha iniciativa que buscaba fomentar a participación veciñal a través da creatividade.

Nesta edición, as gañadoras foron Cintia Piña, María Jesús González e Julia Fernández, cuxas imaxes resultaron escollidas mediante votación popular a través das redes sociais do Concello. Os premios consistiron nun lote de produtos doados por empresas locais como Avícolas Amoeiro, Adega Terras Mancas e A Melería de Trasalba.

0.13439297676086