Amoeiro inicia este outubro unha nova edición da súa Aula Municipal de Informática “Aula Era Digital”

O Concello de Amoeiro pon en marcha esta nova edición, que se desenvolverá na Biblioteca, situada xunto á Casa do Concello de Amoeiro.
O programa ofrece formación en tres niveis de aprendizaxe informática, cun total de máis de 300 horas de formación. As inscricións pódense realizar a través do teléfono 676 730 945.
Os cursos serán impartidos por Francisco Ferriz, docente, informático e técnico, quen acompañará aos participantes no aprendizaxe de competencias dixitais adaptadas aos distintos niveis de experiencia.