Amoeiro ofrece clases de Karate Shotokan e defensa persoal para todas as idades

OurenseXa
As actividades serán impartidas por Nicolás Fantini, 1º DAN de Karate Shotokan
autodefensa-defensa-persoal
14 Sep 2025

O Concello de Amoeiro pon en marcha clases de Karate Shotokan tradicional e deportivo e de defensa persoal, abertas a persoas de todas as idades.

As sesións celebraranse na Casa da Cultura de Amoeiro os martes e xoves a partir das 20:00 horas. As clases estarán a cargo de Nicolás Fantini, 1º DAN de Karate Shotokan.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 625 125 385.

⚙ Configurar cookies
0.17629790306091