Amoeiro organiza unha viaxe en bus para ver 'Memorias dun neno labrego' en Santiago

OurenseXa
A saída será o 15 de xaneiro ás 15.40 h desde o Campo do Souto
AMOEIRO neno labrego
9 Jan 2026

A veciñanza de Amoeiro terá a oportunidade de asistir en grupo á obra de teatro 'Memorias dun neno labrego' cun desprazamento organizado en autobús ata Santiago de Compostela. A actividade celebrarase o 15 de xaneiro e forma parte do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego 'Sobes ao autobús do teatro?'.

O autobús sairá ás 15.40 h desde o Campo do Souto de Amoeiro. A función está programada para as 18.00 h en Santiago e, unha vez rematada, a saída de regreso será ás 20.15 h.

O prezo da entrada é de 5 euros. Para participar é preciso inscribirse con antelación, ben de maneira presencial ou chamando ao teléfono 988 281 000.

⚙ Configurar cookies
0.093072891235352