Amoeiro prepárase para celebrar o Magosto de San Martiño de Cornoces

OurenseXa
Será os días 10 e 11 de novembro e haberá xantar, música e moitas castañas
magosto-cornoces-amoeiro
29 Oct 2025

A parroquia de San Martiño de Cornoces, no concello de Amoeiro, celebrará a súa tradicional festa de Magosto os días 10 e 11 de novembro, dúas xornadas nas que non faltarán a música e castañas asadas.

O 10 de novembro, a festa arrancará ás 21:00 horas cun magosto popular con touciño, chourizos, pan e castañas, que terá un prezo de 10 euros para os maiores de 12 anos, mentres que os nenos e nenas poderán asistir totalmente gratis. As reservas poden facerse nos teléfonos 659 380 156 e 617 262 574. A festa estará amenizada polo dúo “Os Trasnos”, que poñerá a música a esta celebración popular.

Para rematar, o 11 de novembro, ás 12:00 horas, celebrarase unha misa solemne en honra a San Martiño, seguida dunha sesión vermú ás 13:00 horas con música en vivo.

⚙ Configurar cookies
0.064748048782349