Amoeiro prepárase para festexar as Festas de San Marcos

OurenseXa
As Festas de San Marcos 2024 comezan este xoves, 25 de abril, e extenderanse ata o domingo 28
orquesta_los_satelites
Orquestra
24 Abr 2024

Amoeiro prepárase para acoller, un ano máis, as Festas de San Marcos, que comezan este xoves, 25 de abril, e extenderanse ata o vindeiro domingo, 28 de abril.

A programación inclúe diversas actuacións musicais, así como actividades para os máis pequenos.

O venres, 26 de abril, a música estará a cargo do grupo coruñés Zona Zeroe o DJ Marcos Kintana, que actuarán a partir da media noite.

O sábado, a verbena comezará ás 23.30 horas a cargo da orquestra Os Satélites. Ao remate, a música correrá a cargo da Discomóbil Infinity e JJ Comporta.

Para rematar, o domingo terá lugar unha concentración de vehículos clásicos a partir das 11.00 horas. Ademáis, haberá unha sesión vermú chea de música e, a partir das 14.oo horas, celebrarase a segunda edición da Feira da Carne Fichada. Xa pola tarde, haberá unha sesión de xogos populares.

 

 

0.18046402931213