Ana Iglesias leva ao Policlínico Sáenz Díez a súa exposición “O ritual dun pallaso” grazas á Fundación Cum Laude

OurenseXa
A artista leva as súas fotografías a este espazo despois dunha década
expo-ana-iglesias-fundacion-cum-laude
10 Nov 2025

A Fundación Cum Laude presenta no Policlínico Sáenz Díez a exposición “O ritual dun pallaso”, da fotógrafa Ana Iglesias, que volve a este lugar despois de dez anos. A artista ilumina as salas cunhas imaxes que mesturan fotografía e pintura.

As obras, que ela chama “óleos fotográficos”, amosan o momento antes do espectáculo, cando o pallaso se transforma diante do espello Nun ambiente tranquilo, a artista capta a concentración, a nostalxia e a ternura dese momento, onde o maquillaxe é arte e emoción.
A serie mostra a calma antes da risa, ese instante onde o artista se prepara para saír. Con estas imaxes, Ana Iglesias homenaxea o traballo do pallaso e a humanidade detrás de cada sorriso.

⚙ Configurar cookies
0.07591986656189