Ana María del Carmen Blanco Arce toma posesión como nova presidenta da Audiencia Provincial de Ourense

OurenseXa
A maxistrada é a primeira muller en presidir o alto órgano xudicial provincial
eladio-santos-ana-maria-del-carmen-blanco-arce
Eladio Santos e Ana María del Carmen Blanco Arce
17 Jul 2025

Ana María del Carmen Blanco Arce tomou posesión esta mañá como nova presidenta da Audiencia Provincial de Ourense. A maxistrada é a primeira muller en presidir o alto órgano xudicial provincial, o que supón, segundo Blanco, “un fito no camiño cara á igualdade na carreira xudicial”.

A maxistrada ingresou na carreira xudicial en 1987, sendo o seu primeiro destino o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución do Carballiño. En 1989 exerceu como titular do Xulgado do Penal número 1 de Ourense e, desde 2004, exerce as súas funcións como maxistrada da Audiencia Provincial de Ourense, sendo tamén a presidenta da sección segunda (penal) do alto órgano xudicial provincial.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, asistiu ao acto de toma de posesión onde celebrou que por primeira vez unha muller ocupe o cargo de presidenta da Audiencia Provincial, “un paso máis na loita pola igualdade en toda a sociedade”.

⚙ Configurar cookies
0.16311097145081