Andén I celebra este sábado un mercado de Nadal para promocionar a arte local

OurenseXa
Será este sábado, 21 de decembro, e contará coa participación dunha decena de artistas
anden-i-mercado-nadal
19 Dec 2025

A Asociación Cultural Andén I organiza no seu local da Ponte, situado na antiga nave de Renfe, un mercado de Nadal dedicado á arte local, co obxectivo de achegar as artes plásticas ao público ourensán.

O mercadiño celebrarase este sábado, 21 de decembro, en horario continuo, de 11:00 a 20:00 horas, e durante a xornada poderanse adquirir obras de pequeno formato e edicións especiais a prezos accesibles.

Nesta edición participarán diversos artistas locais, entre os que se atopan Tati Pero, Uxía Mangana, Gabri Sink, Carmen Rey, Luca Log, María Piñal Trashorras, María Jesús Ballester, José Antonio Prieto, Eva Ragnarok e Eva González, que estarán presentes para amosar e vender os seus traballos.

⚙ Configurar cookies
0.082878828048706