Angelina Núñez, veciña de Quintela de Leirado, debutou na Casa dos Poetas de Celanova co seu primeiro libro

Angelina Núñez, veciña de Quintela de Leirado, presentou o pasado venres na Casa dos Poetas de Celanova o seu primeiro libro, ‘Dominicana. Post Tenebras’.
Esta presentación supón o debut literario de Núñez e contou coa participación de varias persoas vencelladas ao ámbito social, cultural e institucional. Intervirán Tania Salgado, coordinadora de Cruz Vermella en Celanova, Julio Padial, modelo internacional e actor, Elizabeth Taveras, representante da diáspora dominicana en Verín, Noemí Fernández, en representación da Alcaldía de Quintela de Leirado, e Teresa Barge, en nome do Concello de Celanova.
O evento tivo lugar nun dos espazos culturais máis emblemáticos da vila, a Casa dos Poetas, e servirá para dar a coñecer esta primeira obra da autora, ademais de ofrecer un encontro coa literatura e coa experiencia vital que inspira o libro.