Angelina Núñez, veciña de Quintela de Leirado, presentará o seu primeiro libro en Celanova

Angelina Núñez, veciña de Quintela de Leirado, presentará o seu primeiro libro, ‘Dominicana. Post Tenebras’, o vindeiro venres 16 de xaneiro na Casa dos Poetas de Celanova. O acto comezará ás 19.30 horas e estará aberto ao público.
Esta presentación supón o debut literario de Núñez e contará coa participación de varias persoas vencelladas ao ámbito social, cultural e institucional. Intervirán Tania Salgado, coordinadora de Cruz Vermella en Celanova, Julio Padial, modelo internacional e actor, Elizabeth Taveras, representante da diáspora dominicana en Verín, Noemí Fernández, en representación da Alcaldía de Quintela de Leirado, e Teresa Barge, en nome do Concello de Celanova.
O evento desenvolverase nun dos espazos culturais máis emblemáticos da vila, a Casa dos Poetas, e servirá para dar a coñecer esta primeira obra da autora, ademais de ofrecer un encontro coa literatura e coa experiencia vital que inspira o libro.