ANPA do CEIP de Luintra organiza un desfile de Samaín para os máis pequenos
OurenseXa
Será este venres pola tarde e contará cunha merenda despois da procesión

30 Oct 2025
Este venres, 31 de outubro, ás 19:00 horas, os nenos e nenas de Nogueira de Ramuin poderán participar na tradicional Procesión de Samaín organizada pola ANPA do CEIP de Luintra, coa colaboración da Asociación Sementes e do Concello.
Os pequenos desfilarán acompañados dun alto nun evento pensado para toda a familia, que rematará no pavillón municipal con pinchos e sorpresas. Ademais, durante a xornada celebrarase un sorteo de agasallos entre todos os participantes.