AODEMPER organiza unha mesa informativa en Ourense polo día do Parkinson

OurenseXa
O 11 de abril conmemórase o Día do Parkinson
aodemper_parkinson
Stand da Asociación AODEMPER na rúa do Paseo
11 Abr 2024

Con motivo do Día do Parkinson, a Asociación AODEMPER organiza na rúa do Paseo unha mesa informativa para concienciar sobre esta enfermidade neurodexenerativa que afecta a miles de persoas en toda España.

O posto informativo estará aberto ata as 19.00 horas da tarde deste xoves, 11 de abril. A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Fernández Nieto, visitou hoxe o stand para mostrar o seu compromiso coa Asociación e cos pacientes que sufren esta enfermidade.

0.19620800018311