Aprazada a suspensión da ORA na cidade de Ourense
A empresa concesionaria dos servizos de control de aparcamento e retirada de vehículos na cidade impugnou o acordo do Concello de Ourense que suspendía provisionalmente a ORA con efectos desde o día 2 de xaneiro de 2025. O Concello deberá tramitar este recurso e, en consecuencia, atrasar a entrada en funcionamento desta medida. O goberno municipal confía en que a demora "sexa a menor posible e que a supresión da ORA na cidade sexa efectiva nunhas semanas".
O equipo de goberno presentará na primeira semana do mes de xaneiro unha proposta de acordo, que deberá ser aprobada polo Pleno do Concello, para suprimir a ORA na cidade con carácter definitivo, xq que o acordo adoptado o 13 de decembro pola Xunta de Goberno Local era unha supresión de carácter provisional.
En paralelo, o Concello licitará no mes de xaneiro un novo contrato para adxudicar a prestación do servizo de retirada de vehículos (grúa), nun prego que xa non incluirá o servizo de control de aparcamento en zona ORA que se vai suprimir.