Aprobada a rehabilitación da pasarela do Vao e a humanización do núcleo da Lonia

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde esta semana aos expedientes para contratar dúas actuacións relevantes no municipio: a rehabilitación da pasarela do Vao e as obras de mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia. O investimento conxunto supera os 1,6 millóns de euros.
A intervención máis destacada é a da pasarela do Vao, unha infraestrutura peonil que conecta o centro da cidade co barrio da Ponte e que presenta un notable desgaste polo paso do tempo. O proxecto, cun orzamento base de licitación de 768.345,70 euros e un prazo previsto de execución de catro meses, inclúe a renovación do pavimento, a adecuación das varandas, melloras na iluminación e na estrutura do taboleiro, así como a reparación dos estribos e a eliminación das patoloxías que afectan á seguridade e ao estado da construción.
Coa posta en marcha destas obras, o Concello pretende recuperar unha vía peonil fundamental para o tránsito diario de moitos veciños e, ao tempo, avanzar na mellora dos espazos urbanos do municipio.