Aprobadas as bases do VIII Premio Rodolfo Prada á xestión cultural

A Deputación de Ourense vén de aprobar as bases e a convocatoria do Premio Rodolfo Prada á xestión cultural, na súa oitava edición, dirixido a persoas, tanto profesionais como afeccionadas, proxectos ou colectivos, que se signifiquen pola xestión de iniciativas de carácter cultural e que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma Galega ou fóra de Galicia, pero con claras referencias nos seus contidos e obxectivos á cultura galega.
Concederanse tres categorías de premios: Colaboración directa da Deputación Provincial de Ourense co proxecto cultural que promovan as persoas físicas, tanto profesionais como voluntarias, ou colectivos, cunha aportación de 3.000 euros, 2.000 euros ou 1.000 euros . O premio complétase cunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por artistas ourensáns de recoñecido prestixio, así como un diploma acreditativo.
A maiores, establecese un premio por cada unha das catro provincias galegas facéndose expresa referencia a cal delas corresponde cada gañador. Tamén recibirán escultura e diploma e terá unha dotación económica de 1.000 euros.
O prazo de presentación de candidaturas rematará o 16 de xuño de 2025